O VIH encóntrase nos fluídos corporais dunha persoa que foi infectada, tales como o sangue, o seme, os fluídos vaxinais e o leite materno, e pode ser transmitido a través do contacto sexual sen protección. O virus tamén se transmite entre as persoas que se inxectan drogas usando xiringas sen esterilizar, así como tamén por medio de hemoderivados non sometidos a análise previa. Así mesmo, da nai ao bebé durante a xestación, no parto, ou durante o aleitamento cando a nai é seropositiva.
Durante as décadas posteriores, o índice de infección aumentou de xeito espectacular, ao igual que o índice de mortes. Pero co tempo os novos tratamentos antirretrovirales comezaron a prolongar as vidas das persoas infectadas. Máis de 5 millóns de persoas tiveron a oportunidade de recibir un tratamento antirretroviral en 2009, o cal reduciu o número de mortes relacionadas coa SIDA en máis do 20 por cento nos últimos cinco anos.
Igualmente, nos últimos dez anos, polos menos 56 países estabilizaron ou reducido en máis de 25 por cen o número de novas infeccións de VIH. As novas infeccións de VIH reducíronse nun 20 por cento en tanto que entre os bebés se reduciron en máis do 25 por cento, o que se traduce como un importante paso cara á eliminación da tranmisión do VIH de nai a fillo para o ano 2015.
O sistema das Nacións Unidas estivo á vangarda deste progreso. Dende 1996, os seus esforzos coordináronse a través de ONUSIDA, o Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA.
O director executivo de ONUSIDA da a súa mensaxe polo día mundial do SIDA.
Obxectivo 90-90-90
Guía rápida de población: www.prb.org
Moi boa entrada aínda que para animar a xente podiades poñer preguntas
ResponderEliminarPor exemplo: Por que non dan mais vacinas?
É incrible o número de mortes que leva o SIDA. Aínda que baixou moito, eu penso que habería que intentar baixar o número de mortes ao mínimo, o que se poida. Non me extrana de que o foco desta enfermidade estea en África, xa que alí os preservativos non estan moi ben vistos e ademais, non todas as personas poden permitir compralos. Aínda que non ai un medicamento fixo, eu penso que se está facendo todo o posible por atopar a cura desta enfermidade. Se seguimos así poida que se consiga unha parte do obxectivo do milenio que ten que ver coas enfermidades. Se cadra no 2015 non, pero ao mellor máis adiante ao mellor si.
ResponderEliminar