"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

28 de nov. de 2014

A IGUALDADE DE XÉNERO, CLAVE PARA AS RESPOSTAS AO VIH E SIDA

A VIOLENCIA SEXUAL AUMENTA A SIDA
A violencia aumenta o risco de infeccións por VIH na muller debido a razóns fisiolóxicas e psicolóxicas. As mulleres non infectadas teñen aproximadamente o dobre de probabilidades de contaxiarse o VIH a través de homes infectados e viceversa. Desde o punto de vista biolóxico, a muller é máis vulnerable ao contaxio e as relacións sexuais forzadas aumenta aínda máis o risco da transmisión do VIH á muller debido a esgazaduras e laceracións, especialmente entre as adolescentes. Non obstante, mesmo a ameaza de violencia pode ter consecuencias negativas graves. A muller que teme ser obxecto de violencia ten menos capacidade para protexerse da infección: Non teñen a autoridade para negociar unha relación de sexo seguro nin para rexeitar as relacións sexuais non desexadas, non se realizan análises para detectar o VIH e non buscan tratamento despois da infección. Unha enquisa de 2005 determinou que aproximadamente o 60% das mulleres infectadas polo VIH optaron por non realizar tratamento nunha clínica de Zambia porque temían ser obxecto de conduta violenta e abandono por parte da familia. As mulleres informaron temor á discriminación, violencia física e rexeitamento familiar de coñecerse a súa condición de VIH positivo. Nun estudo sobre violencia sexual e VIH en Sudáfrica, o 16% dos homes e o 14% das mulleres de entre 15 e 19 anos de idade deciden non compartir o diagnóstico de VIH positivo coa familia. As adolescentes que foran forzadas a ter relacións sexuais durante o ano anterior mostraban aínda maior tendencia a ocultar a súa condición de VIH positivo.

Factores sociais e culturais que dificultan o cambio
A aceptación por parte da comunidade de normas de conduta masculina e do uso do poder do home sobre a muller promove a desigualdade de xénero, que pode levar á violencia. Varias formas de dominación masculina, apoiadas pola gran maioría dos homes, tamén teñen ampla aceptación entre as mulleres. Por exemplo, o estudo sobre VIH e violencia sexual realizado en Sudáfrica determinou que, entre as persoas de 15 e 19 anos de idade, o 28% dos homes e o 27% das mulleres consideraban que unha moza non ten dereito a rexeitar as relacións sexuais co seu noivo. E o 55% dos homes e o 54% das mulleres pensaban que "a violencia sexual non inclúe as relacións sexuais forzadas con alguén coñecido."8 Ademáis, o 15% das mulleres de 15 a 19 anos de idade e o 12% dos homes do estudo informaron ter sido forzados a ter relacións sexuais durante o ano anterior á enquisa.
Ademais, a inequidade na relación de poder vese distorsionada aínda máis pola gran diferenza de idades nas relacións. É frecuente entre as mulleres que viven en países de África do Sur casar a temperá idade ou ter parellas íntimas de maior idade e con máis experiencia sexual. Os homes de maior idade teñen máis probabilidades de ter estado expostos ao VIH/SIDA e teñen máis probabilidades de contaxiar á parella feminina máis nova, especialmente se a muller sente que non pode negociar manter relacións sexuais seguras debido á diferenza de poder na relación. Un estudo realizado en Zambia determinou que só o 11% das mulleres casadas consideraba que tiña dereito de pedirlle ao marido que usara condón aínda cando soubese que o home estaba contaxiado polo VIH. Menos do 25% consideraba que tiña dereito a negarse a ter sexo con él. En Lesoto, aproximadamente o 37% das mulleres casadas consideraba que o home tiña dereito a golpear a esposa se esta discutía con el. O 23% consideraba que os golpes se xustificaban se a esposa se negaba a ter relacións sexuais co marido.
É necesario un cambio a longo prazo
Abordar o tema da violencia contra as mulleres e nenas na loita contra o VIH/SIDA é particularmente difícil xa que a maioría das estratexias de intervención se centran nas formas máis tradicionais de conter a epidemia, tales como o uso de condóns, as drogas antirretrovirales e o tratamento das enfermidades de transmisión sexual. Non obstante, os programas de prevención a longo prazo necesitan atender os problemas sociais de fondo ademais de cambiar as políticas públicas. O programa de capacitación Stepping Stones é un exemplo. O programa convoca a homes e mulleres a debater e analizar a forma en que determinados factores da súa propia comunidade os volve vulnerables ao VIH. En grupos, a miúdo organizados por xénero e idades, conversan sobre os problemas que enfrontan e desenvolven estratexias para superalos. Despois, os grupos reúnense e presentan os cambios que desexarían ver concretados. O potencial para o cambio a longo prazo reside no diálogo entre as diferentes xeracións, que pode poñer ao descuberto e formular un desafío para determinadas normas sociais negativas.
Fonte: www.prb.org
Maís información: OIT Igualdad de género, SIDA y lugar de trabajo

Ningún comentario:

Publicar un comentario