"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

25 de nov. de 2014

Reparto da auga na Terra



               

              As  zonas nas que máis auga hai son:
 Doce: 

              Nas zonas dos grandes ríos e lagos. Por exemplo, A Conca Do Amazonas e do Orinoco. 











Salgada:

              Nas zonas dos grandes mares e océanos :
              Por exemplo, As Cataratas Do Niágara, México, Os países Nórdicos, etc.


-      










Clima das zonas con menor cantidade de auga

          As zonas en que menos auga hai son os desertos e soen ter un clima donde as
         precipitacións son escasas e teñen unha oscilación duns 18 °C  entre o día e a noite, debido a que polo día o sol quenta o terreo areoso e pola noite arrefría bruscamente.

 Pero hai distintos tipos de desertos:
         Zonas áridas: Con precipitacións anuais de 25 a 250 mm abranguendo o 16%
       da superficie terrestre
       Zonas semiáridas ou esteparias: Teñen unha media de precipitacións de 250 a
       500 mm anuais. Adoitan estar situadas nos bordos dos desertos e abranguen
       arredor de 15% da superficie terrestre do planeta.
       Zonas hiperáridas: Son tan secas que ás veces non chove durante anos. Estas
       abranguen o 4% da superficie terrestre. A súa temperatura oscila entre 30 e 40 graos centígrados          polo día, e de 1 a 0 graos centígrados pola noite. 
      Climas húmidos:  Coincide coas zonas onde mais concentración de auga hai debido ao gran     número de tormentas que se producen regularmente todo o ano e que vai provocando a escorrentía superficial e as infiltracións no terreo. Tamén coinciden coas zonas que teñen acceso a auga potable xa que se crea tecnoloxía para buscar esta auga e posteriormente tratala para que sexa apta para o consumo humano, ademais de distribuíla por toda a población

    Zonas  nas que hai maior acceso a auga potable:

      O acceso a auga potable mídese polo número de persoas que poden obter esta clase de auga con razoable facilidade, expresado como porcentaxe da poboación total. O acceso a auga potable é un indicador da saúde da poboación do país e da capacidade do país para depurala, potabilizala e distribuíla.
    Neste mapa vese a distribución por países.


Aquí vos deixamos un enlace que ó darlle click enviaravos a un vídeo de como se trata a auga 

https://www.youtube.com/watch?v=LSg0xJ81xno

Yago Rey Viqueira
Samuel Vieites Abelenda

Ningún comentario:

Publicar un comentario