Durante a próxima semana, do 10 - 14 de novembro, participaremos na campaña de recollida de alimentos que a ONG "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui" organizou en colaboración co concello. O lugar de recollida dos alimentos é no comedor. Anímate a participar! Colabora!
O pasado xoves visitáronos tres persoas desta ONG e asistimos a unha charla na que recibimos información sobre os diferentes programas que desenvolven e sobre a campaña de alimentos. Así soubemos que se recollen alimentos non perecederos como legumes, arroz, fariña, pasta. O aceite de oliva e a mel aprécianos moito pois utilízanos para as medicinas. As conservas de peixe, como atún e sardiñas, tamén, xa que teñen moi difícil conseguir peixe. Outras cousas que se poden donar son produtos de hixiene: champú, xel, xabrón, crema ...
Aquí deixamos unha pequena mostra da súa intervención.
Ningún comentario:
Publicar un comentario