"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

28 de nov. de 2014

VIOLENCIA DE XÉNERO E SIDA


Aproximadamente o 68% das persoas infectadas polo VIH en todo o mundo viven en países da África subsahariana, onde o virus afecta ás mulleres en cantidades desproporcionadas. A violencia de xénero é unha causa importante das infeccións por VIH/SIDA entre as mulleres da rexión, e cada vez con maior frecuencia as organizacións internacionais céntranse na eliminación da violencia contra a muller como un factor clave na batalla contra a diseminación da epidemia.
As estratexias de prevención deben abordar a desigualdade de poder entre o home e a muller, e as normas e costumes que sitúan a muller nunha situación de maior risco fronte á exposición ao VIH.
Na última década, a muller converteuse na cara do VIH/SIDA nos países da África subsahariana xa que o 61% da poboación que vive co virus nesta rexión é feminino. Os índices máis elevados de persoas infectadas polo VIH/SIDA entre mulleres de 15-49 anos de idade corresponden ao sur de África, en particular en Botswana, Lesoto, Suazilandia e Sudáfrica.

 Figura 1 Porcentaxe de adultos de entre 15 e 49 anos de idade que viven con VIH/SIDA en África do Sur Botswana

Fonte: Population Reference Bureau, The World's Women and Girls 2011 Data Sheet(Washington, DC: Population Reference Bureau, 2011).

A violencia aumenta a exposición da muller ao VIH/SIDA
Segundo a ONUSIDA, as mulleres que experimentaron situacións de violencia teñen ata tres veces máis posibilidades de contaxiarse o VIH que as que no. As estatísticas da ONU demostran que as mulleres novas en África teñen máis probabilidades de sufrir violencia física ou sexual que as mulleres de máis idade, polo xeral de parte dunha parella íntima. Se ben a exposición da muller á violencia varía dunha rexión a outra, as estatísticas mostran sistematicamente un incremento entre as idades de 20 a 30, e despois empeza un descenso.
Análise de datos das gráficas
Figura 2 Índices de prevalencia do VIH en Sudáfrica
Fonte: Human Sciences Research Council, South African National HIV Prevalence, Incidence, Behaviour and Communication Survey (Cidade do Cabo, Sudáfrica: HSRC, 2008).
Fonte: www.prb.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario